24 Xan 2022
24 Abr 2022

“Leticia es más o menos un pequeño claro en la espesura inacabable de la selva amazónica...” Así comeza un artigo que Francisco Iglesias escribiu para unha revista ilustrada (non sabemos cal) en 1934. “Una aventura de Ana Pavlova en el Amazonas” é un relato sobre a viaxe da famosa bailarina rusa ao corazón das tebras amazónicas, convidada por un cacique caucheiro, en 1919:

“... A fuerza de indagar, supe que la Pawlova había venido desde su trágido país, atravesando continentes y mares, para bailar en pleno corazón de la selva, allá en la encrucijada de los ríos malditos, en el caserío de “La Chorrera”, propieda del cauchero Larrañaga, que pagaba en buenos dólares este capricho de rey de la selva infernal...”

Consérvase no fondo de Iglesias o artigo publicado e o borrador mecanografado polo seu autor. Merece a pena ler este relato. Ilustrámolo con fotografías do gran río nos arredores de Leticia e dos membros da comisión internacional que a Sociedade de Nacións creou para resolver a disputa territorial entre Colombia e Perú.