15 Mar 2021
30 Xuñ 2021

Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. A medicina. (01)Completa a transcrición:

Nesta segunda xornada de investigación propoñémosvos indagar sobre as profesións relacionadas coa saúde naquela época: sangradores, cirurxiáns, médicos e boticarios e sobre os tratamentos aplicados ás doenzas da poboación galega.

A proba documental que vos facilitamos esta semana é un preito da Real Audiencia de Galicia sobre a intrusión de Juan Conde, barbeiro, na profesión de médico (signatura 21148/60).

Tendo en conta que para facer unha boa investigación o primeiro que se debe facer é decatarse de todo o que poden dicir as probas, teremos que ler detidamente o texto.

Para facelo máis ameno presentámosvos dúas actividades:

1. Completar a transcrición do texto orixinal, enchendo os ocos.

2. Descubrir en que consistía o remedio mencionado no texto

Comecemos pois coa primeira actividade deste obradoiro documental. Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico ou a través do Facebook do arquivo.

O venres 19 de marzo achegaremos as solucións da transcrición e publicaremos a seguinte proba.