17 Set 2021
31 Dec 2021
Despois do descanso estival imos volver ás nosas actividades de investigación da vida en Galicia no século XVIII, por medio das fontes primarias que nos ofrece o arquivo. Concretamente, imos indagar sobre como eran as casas naquel tempo.
Comecemos entón coa primeira actividade deste obradoiro documental. Podedes achegarnos as vosas respostas a través do enderezo electrónico () ou a través do Facebook do arquivo.
O venres 24 de setembro publicaremos as solucións da transcrición e a seguinte proba.