15 Out 2021
31 Xan 2022
Aquí vos deixamos as solucións do cuestionario, que non foi posible publicar a semana pasada debido ao loito oficial polo falecemento do conselleiro da Xunta Valeriano Martínez.
Esperamos que teñades desfrutado este pequeno achegamento ás construcións do século XVIII.
Propoñémosvos facer unha comparativa cos edificios actuais ou analizar os posibles trazos que recoñecestes na descrición das obras antigas e que aínda perduran nos edificios das aldeas ou nos pazos, por exemplo.
Podedes enviarnos os vosos comentarios a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo.
A continuación deixámosvos un pequeno apuntamento histórico.
No mes de novembro, adicaremos a próxima entrega ao enxoval.