Pintor

13 Xuñ 2022
13 Set 2022

Pintor

Este documento é unha escritura de foro feita en Mondoñedo no ano 1479: o deán e o Cabido da Catedral aforaron unha casa na rúa Sindín, hoxe de Álvaro Cunqueiro, a Afonso Ise (Ýse), pintor, pola súa vida e outras seis máis, por vinte pares de brancas ao ano.

Áchase nun preito do século XVII. Na cabeceira do documento, alguén, que leu mal o apelido do pintor, quizais por resultarlle estraño naquela altura, escribiu, con letra dese século ou do anterior, “Alonso Yánez, pintor”. Sería estranxeiro? (aínda que a súa nai non o era: Mayor Afonso). Estaría contratado na Catedral? Son preguntas que habería que responder coa consulta dos fondos do Arquivo Catedralicio de Mondoñedo.

Acompañamos o documento cunha fotografía da rúa Sindín que xa publicamos noutra ocasión. Pódese datar nos anos da década de 1930, aproximadamente.