21 Mar 2022
21 Xuñ 2022
Celebramos a entrada da primavera e o Día Mundial da Poesía cun poema impreso en Lisboa no ano 1781, a "Ecloga de Durindo e Floro", escrita por João Xavier de Matos. Atópase no fondo documental do ilustrado coruñés José Cornide Saavedra.
Narra os padecementos amorosos de dous pastores, Durindo e Floro, que falan das súas mágoas sen saberen que están a ser escoitados. O ton é pesimista (o amor adoita colleitar penas: "Eis-aqui, Floro meu, o que homen tira/Desta cega paixão, que amor se chama;/Tudo huma falsidade, huma mentira/para enganar o peito de quem ama" ), pero estes versos ofrecen sen dúbida un bo acubillo onde refuxiármonos doutras traxedias peores.