14 Mar 2022
14 Xuñ 2022

Mesturado con outros documentos que forman parte dun "Expediente da Comisión de Mutilados" do fondo documental da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos, atópase este "Boletín de información" emitido pola Embaixada alemá en Madrid en novembro de 1941. Un boletín "exclusivo para autoridades, no destinado a la Prensa ni a particulares".

En novembro de 1941, a Alemaña nazi achábase en plena ofensiva contra a Unión Soviética, aínda que pronto colleitaría os primeiros fracasos tralo contrataque soviético de decembro, que impediría a toma de Moscova. Pero, como se observa, a guerra tiña tamén outras frontes.

Este documento ten a signatura 65272-10.