Presentamos “Segredos do Arquivo”, o podcast da nosa canle de Youtube onde descubriremos o oculto, o ignorado, o que se esconde entre os documentos que se conservan no Arquivo do Reino de Galicia.
“Segredos do Arquivo” abrirá un cofre do tesouro. Os documentos que temos son xoias valiosas que están a esperar ser descubertas e apreciadas. Cóntannos unha historia, unha situación, unha catástrofe ou unha festa, pero temos que asomarnos a eles para ler o que teñen que dicir.
Tras esta presentación, cada mes publicaremos un podcast onde contaremos (e amosaremos) unha historia ligada a documentos que nos chamaron a atención.
Velaquí as ligazóns a esta presentación, en galego e en castelán:
https://youtu.be/lLIwRgfSuaI (galego)
https://youtu.be/cT0ZS2gJtMQ (castelán)