12 Xan 2015
A denominación é significativa porque hoxe en día se considera que o "Camiño francés" é o que entra en Galicia polo Cebreiro e se dirixe a Santiago por Samos, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa... Así que esta mención tería máis ben relación coa variante do denominado "Camiño inglés" que parte da Coruña.   [Plano da demarcación do lugar de Outeiro na parroquia de San Xulián de Cela] / Ignacio de Gracia.—Sen escala.—[San Xulián de Cela, 13 de agosto de 1733]. 1 plano : ms., cor. Tinta e aguada; 31 x 39 cm. Clave explicativa de letras escrita con tinta vermella. Debuxa o Camiño Francés que vai para San Xoán de Pravio. Extraído de: Preito entre Juan Bonifacio de Leis, e agora D. Carlos Cordido, con María Gómez, viúva e consortes sobre reivindicación de bens no lugar de Outeiro, freguesía de San Xulián de Cela. 1631-1734 Está entre o folio 218 e 219. As últimas follas non estaban foliadas. ARG. Real Audiencia.Escribanía de Figueroa. Leg. 9.333/80 ARG. Colección cartográfica e Iconográfica. RA. 127