Vacina

19 Xan 2022
19 Abr 2022

Vacina

No ano 1934, Francisco Iglesias Brage, capitán, enxeñeiro e xa un heroe da avaiación transoceánica, viaxou ao Amazonas nomeado en representación da República Española na Comisión Internacional para a Administración do Trapecio de Leticia, un territorio no medio da selva amazónica en disputa entre Colombia e Perú. Para facelo, precisou, como é natural, dun pasaporte coas correspondentes visas dos países que ía visitar, e dun certificado de vacinación da varíola, que lle outorgaron as autoridades brasileiras. Non consta se o capitán puxo algunha dificultade á hora de someterse a este requisito sanitario.