02 Mar 2022
02 Xuñ 2022

Este documento parece un exercicio escolar de Santiago Casares Quiroga. Está asinado por el e datado o 4 de novembro de 1893, cando Casares contaba 9 anos. Como se observa ao final, obtivo a cualificación de "Bien".

A imaxe é unha das primeiras 97.000, sobre un total de 212.646, que estamos a incorporar ao noso sistema de información, Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, dentro do proxecto de dixitalización que está a desenvolver a Consellería de Cultura e Educación Universitaria denominado: "Memoria democrática" nos diferentes arquivos históricos dos que é titular ou xestiona.

Ademais de documentos do fondo documental da familia Casares Quiroga, dixitalizáronse tamén outros de diferentes conxuntos, con testemuños comprendidos nun amplo período que vai, aproximadamente, desde a República ata franquismo xa consolidado. Así, están igualmente accesibles documentos da Audiencia Provincial da Coruña, Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, Goberno Civil da provincia da Coruña, Enfermería Militar de Labaca, Enfermería Militar de Oza, Francisco Iglesias Brage, Ramón Suárez Picallo, Xefatura Provincial de Obras Públicas, Delegación Provincial de Xuventudes, Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos e Xefatura Comarcal do Movemento de Ortigueira

Prevese que en breve recibamos tamén imaxes dos fondos da Audiencia Terriorial da Coruña, da Sección Naval da Fronte de Xuventudes e da Delegación Provincial de Educación.