Visitas guiadas á exposición "A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso"

Arquivo do Reino de Galicia. Colección fotográfica. Instituto da Guarda.  Ca. 191-?. Sig.: 110
19 Out 2023
15 Dec 2023

Visitas guiadas á exposición "A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso"

O Arquivo do Reino de Galicia ten aberta a mostra sobre a Escola de Belas Artes e Picasso ata o vindeiro 15 de decembro. Os horarios para a súa visita son de 11 a 14 h pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde.

Este xoves 19 de outubro inícianse as visitas guiadas a esta mostra ás 17.30 horas. A partir da vindeira semana estas visitas, de acceso libre, terán lugar os luns, mércores e xoves ás 17.30 horas. Aqueles colectivos que desexen solicitar unha visita fóra deste horario poderán solicitalo no correo electrónico arq.reino.galicia@xunta.gal.

A mostra fai un percorrido polos primeiros setenta anos da Escola de Belas Artes (1850-1920) por medio dos da propia Escola, cuxo fondo documental foi transferido ao Arquivo do Reino de Galicia pola súa herdeira, a actual Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, documentos de diversos fondos do Arquivo do Reino de Galicia e outros prestados tanto por institucións coma propietarios privados.

Pablo Ruiz Picasso, o alumno máis destacado da Escola, ten un apartado propio, sobre o seu paso por esta, xunto con outros artistas que estudaron na Escola na mesma época e/ou que foron profesores seus ou tiveron postos de responsabilidade na Escola, coma é o caso de Isidoro Brocos, Román Navarro, M. Abelenda, Joaquín Vaamonde, etc.

Pero tamén outras personalidades que co tempo destacarían en diversos ámbitos profesionais (políticos, escritores, Mestres, científicos, militares, …) deixaron a súa pegada neste centro.