12 Set 2017
12 Set 2017
Estes documentos son rexistros das reunión celebradas por aqueles organismos públicos entre 1810 e 1813 e durantes algúns meses de 1820, e constitúen unha parte, desaparecida en data incerta, dos fondos documentais da Xunta Superior e da Deputación de Galicia que xa custodiaba o Arquivo. Consíguese así recuperar para uso e desfrute públicos uns documentos de grande interese para a historia de Galicia. Estes libros de actas incluíanse no conxunto da biblioteca que a familia Baltar, herdeiros de don Ramón Baltar Domínguez, de Santiago de Compostela, doou ao Museo do Pobo Galego no ano 2005. A sensibilidade, sabiduría e xenerosidade, tanto do persoal da biblioteca do Museo e da súa Dirección e Xunta Rectora coma da propia familia Baltar, fixo posible a súa entrega ao Arquivo, que é o centro ao que corresponde legalmente a súa custodia. Con este acto conclúe un capítulo máis dunha azarosa historia que comezou coa doazón doutra parte deste conxunto, a que fixo Andrés Martínez Salazar ao Arquivo do Reino no  ano 1897, quen a atopara nun "almacén de víveres" da rúa de Panaderas da cidade da Coruña, en 1875. Os documentos xa están instalados no Arquivo e foron dixitalizados e descritos.  Pódense consultar na base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, nas  ligazóns que constan a continuación: