05 Xuñ 2014
Os arquivos son xestionados desde a súa creación para conservar o seu valor e significado. Son fontes fiablesde información que fundamentan accións administrativas seguras e transparentes. Xogan un papel esencial no desenvolvemento das sociedades salvagardando e contribuíndo á memoria individual e colectiva. O libre acceso aos arquivos enriquece o noso coñecemento da sociedade humana, promove a democracia, protexe os dereitos dos cidadáns e mellora a calidade de vida. Da Declaración Universal sobre os Arquivos,adoptada na Asemblea Xeral do Consello Internacional de Arquivos, Oslo, Setembro 2010.