07 Xan 2014
As contas de pagamentos a xustificar correspondentes a esta sección do cadro de clasificación defínense como os expedientes xerados periodicamente polos pagadores habilitados da Consellería de Presidencia ou órgano que a sucedese no proceso de xustificación, de acordo co réxime de contabilidade pública, dos fondos librados con este carácter ao seu favor para atender os gastos que no momento de recoñecer a súa obriga de pagamento non se puideron acompañar dos documentos acreditativos pertinentes, con cargo a aquelas aplicacións orzamentarias que así se estableza legalmente (normalmente, de funcionamento ou de partidas concretas do capítulo de investimentos).