07 Xuñ 2024
O vindeiro venres, 7 de xuño, levaremos a cabo as seguintes actividades:
-Xornada de portas abertas: ás 12:00 h. realizarase unha visita guiada e unha mostra de documentos sobre “Mosteiros e conventos: unha mirada ao seu pasado".
-Conferencia e velada musical a partir das 19:00 h. (Asistencia presencial e emisión en directo en Youtube): https://www.youtube.com/watch?v=Dl2E5hTAWXA
A conferencia, impartida polo profesor de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, Camilo J. Fernández Cortizo, titúlase "Riqueza, poder e privilexios: mosteiros beneditinos e cistercienses da provincia de Pontevedra (1487-1835)"
Velada musical a cargo de Su Garrido Pombo, compositora e cantante de bossa, folk e jazz.