12 Xuñ 2026
12 Xuñ 2026
O venres, 12 de xuño, levaremos a cabo as seguintes actividades:
 
-Xornada de portas abertas: ás 12:00 h. realizarase unha visita guiada e unha mostra de documentos sobre "Deseñar o espazo: arquitectura e urbanismo en Pontevedra no século XX".
 
-Conferencia e velada musical a partir das 19:00 h.
 
"Transformación urbana a través da historia da cidade de Pontevedra", conferencia impartida polo arquitecto e artista multidisciplinario, Sergio Portela Campos.
 
Velada musical a cargo de Sofía Espiñeira, cantautora galega e artista escénica en teatro, circo e danza.
 
A conferencia e a velada musical poderán presenciarse asistindo ao propio arquivo e a través da emisión en directo en Youtube: https://www.youtube.com/@arquivohistoricoprovincial1311
 
Esperámosvos!!