O vindeiro venres, 6 de xuño, levaremos a cabo as seguintes actividades:
-Xornada de portas abertas: ás 12:00 h. realizarase unha visita guiada e unha mostra de documentos sobre a historia do ensino na provincia de Pontevedra.
-Conferencia e velada musical a partir das 19:00 h.
"Cultivando letras, tecendo saberes e navegando entre historias. A educación en Galicia (ss. XVII-XIX)", conferencia impartida pola profesora de Historia Moderna da Universidade de León, Ana María Sixto Barcia.
Velada musical a cargo de Pauliña, cantautora galega que mistura o country co folk, rock e blues.
A conferencia e a velada musical poderán presenciarse asistindo ao propio arquivo e a través da emisión en directo en Youtube: https://www.youtube.com/@arquivohistoricoprovincial1311
Esperámosvos!!