
ACTIVIDADES POLO DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
Para celebrar o Día Internacional dos Arquivos (9 de xuño) o Arquivo Histórico Provincial de Ourense organiza as actividades que se indican a continuación.
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben inscribirse no formulario que aparece neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSej4ZMjLrM4SaviYqZ6l0a1GclRLNI…
PROGRAMA
1- VISITA DRAMATIZADA " O CUARTEL DE SAN FRANCISCO"
7 XUÑO
Hora de inicio: 18:00 h. (Agradecemos estean 5 min antes do inicio da visita)
Duración aprox.: 1 h
Punto de encontro: mostrador de recepción AHPOu
Teléfono de información: 988 78 82 28
Enderezo: rúa Emilia Pardo Bazán s/n. Ourense
Nº mínimo de participantes: 15 persoas (de non alcanzarse o número suficiente de participantes a visita será cancelada, comunicándoselle o antes posible as persoas inscritas)
Nº. máximo de participantes: 20 persoas.
2 - XORNADA DE PORTAS ABERTAS: VISITA GUIADA AO AHPOu
9 XUÑO
Hora de inicio: 11:00 h. (agradecemos estean 5 min antes do inicio da visita)
Duración aprox.: 2 h
Punto de encontro: mostrador de recepción AHPOu
Teléfono de información: 988 78 82 28
Enderezo: Rúa Emilia Pardo Bazán s/n. Ourense
Nº mínimo de participantes: 15 persoas ( De non alcanzarse o número suficiente de participantes a visita será cancelada, comunicándollo o antes posible as persoas inscritas)
Nº. máximo de participantes: 20 persoas
3- OBRADOIRO EXPERIMENTAL: " SOBRE O PERGAMEO"
9 XUÑO
Hora de inicio: 17:00 h. (agradecemos estean 5 min. antes do inicio da visita)
Duración aprox.: 2 h
Punto de encontro: mostrador de recepción AHPOu
Teléfono de información: 988 78 82 28
Enderezo: rúa Emilia Pardo Bazán s/n. Ourense
Nº. máximo de participantes: 15 persoas.