
CAMPAMENTO DE VERÁN: ARQUIVOS CORRESPONSABLES
Para favorecer a conciliación das familias con nenas e nenos ofértase un ano máis o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables.
Con este fin, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense organiza os seguinte campamento de verán:
Datas:
• De luns a venres.
• 1º quenda: do 28 de agosto ao 1 de setembro
• 2º quenda: do 4 ao 8 de setembro
Persoas destinatarias: nenas e nenos de 7 a 11 anos
Lugar de realización: Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Horario: 9:00 h. a 14:00 h.
Número de prazas: 10 prazas por quenda.
Como inscribirse:
Cumprimentar o formulario de inscrición que se pode descargar nesta páxina, asinalo e remitilo ao enderezo de e-correo: arq.prov.ourense@xunta.gal
Información:
- Tfno: 988 788 228
- e-correo: arq.prov.ourense@xunta.gal
Contido da actividade:
Achegamento dunha forma amena á historia dende o momento da aparición da escritura. Coñeceremos diferentes culturas, descubriremos como era a súa escritura e os diferentes soportes que empregaban. Para aprender sobre elas o mellor e experimentar polo que realizaremos algunha réplica. Pero, sobre todo, divertirémonos coñecendo o noso pasado con xogos e enigmas.
Prazo de inscrición: ata a semana anterior a cada unha das quendas establecidas ata completar o número máximo de participantes.
Requisitos de participación: Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado.
O programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.