CAMPAMENTOS DE VERÁN. ARQUIVOS CORRESPONSABLES

Concilia AHPu
18 Xul 2022
07 Set 2022

CAMPAMENTOS DE VERÁN. ARQUIVOS CORRESPONSABLES

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, co obxectivo de favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. O programa está financiado polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España.
Con este fin, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense anuncia a posta en marcha dun campamento de conciliación coas seguintes características:
Datas:
• De luns a venres.
• 1ª quenda: do 1 ao 12 agosto.
• 2ª quenda: do 16 ao 26 agosto
• 3ª quenda: do 29 agosto ao 7 setembro.
Persoas destinatarias: nenas e nenos de 7 a 11 anos
Lugar de realización: Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Horario: 9:00 h a 14:00 h
Prazo de inscrición: durante a semana anterior a cada unha das quendas establecidas ata completar o número máximo de participantes.
Número de prazas: 15 prazas por quenda.
Para inscribirse é preciso cumprimentar o formulario que se xunta ao final deste anuncio.
Información e inscricións a través de:
Tfno: 988 788 228
Contido da actividade:
Descrición: Achegamento dunha forma amena pero rigorosa a historia, dende o momento da aparición da escritura. Coñeceremos diferentes culturas, descubriremos como era a súa escritura e os diferentes soportes que empregaban. Para aprender sobre elas o mellor e experimentar polo que realizaremos algunha réplica. Pero sobre todo nos divertiremos coñecendo o noso pasado con xogos e enigmas.
Contido dalgunhas das actividades:
- Coñecemento das instalacións e funcións dun Arquivo.
- As primeiras escrituras: sumerios, exipcios.(Táboas de arxila: escritura cuniforme, papiros e xeroglifos)
- As primeiras escrituras na península: Celtíbera.
- A historia e escritura en Grecia e Roma. Soportes curiosos: táboas de cera e de madeira (Cartas dende Vindolanda).
- Alfabetos do mundo: alfabetos rúnico, chino, latino e árabe.
- Saída educativa.
- Scriptorium medieval: iluminación dun documento, escritura con pluma. As tintas secretas.
- Enigmas: xogando coas letras.
 
Requisitos de participación: Poderán participar no campamento de conciliación os nenos e nenas que cumpran co requisito de idade sinalado e pertenzan a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Descargas