CURSO DE PALEOGRAFÍA MEDIEVAL

Curso de Paleografía
24 Abr 2023
28 Abr 2023

CURSO DE PALEOGRAFÍA MEDIEVAL

O Centro Asociado da UNED en Ourense organiza un curso de iniciación á paleografía medieval que terá lugar entre o 24 e o 28 de abril polas tardes.

Realízase en colaboración co Arquivo Histórico Provincial de Ourense e co aval científico do Departamento de Historia Medieval, Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED.

O curso desenvolverase nas instalacións do Arquivo que tamén facilitará documentos que servirán de exemplo para as nocións teóricas.

A inscrición está aberta a calquera persoa interesada en achegarse á paleografía medieval.

Programa do curso e formulario de inscrición neste enlace: https://www.unedourense.es/noticias/noticia/la-uned-te-ensena-nociones-…