Inauguración da exposición "O legado de Asís franciscanos e clarisas en Ourense"

Inauguración de la exposición "O legado de Asís franciscanos e clarisas en Ourense"
12 Xuñ 2015

Inauguración da exposición "O legado de Asís franciscanos e clarisas en Ourense"

Con esta mostra preténdese divulgar o patrimonio documental herdado dos conventos ourensáns da Orde Franciscana, un legado pouco coñecido que permite reconstruír o pasado destas comunidades e recuperar a memoria da súa dilatada presencia na cidade de Ourense, nas vilas de Allariz, Monterrei e Ribadavia e no lugar de Trandeiras (Xinzo de Limia). 
A mostra divídese en sete expositores con documentos de distintos fondos do AHPOu que reflicten a pegada franciscana na provincia: a fundación dos seus conventos, a súa importancia social e actividades durante os séculos XIII a XIX, a exclaustración e desamortización do XIX, a restauración dalgunhas comunidades a finais dese século e principios do XX e o legado arquitectónico.
Pódense ver algunhas imaxes e textos sobre a exposición na nosa páxina de Facebook:
https://www.facebook.com/pages/Arquivo-Hist%C3%B3rico-Provincial-de-Our…
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.371356736386644.1073741864.19…