09 Out 2014
O martes 7 de outubro Arquivo Histórico Provincial de Ourense presentou no auditorio do Centro Cultural Marcos Valcárcel un novo capítulo das "Viaxes do Capitán Gardador" titulado "O Padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán". Con motivo do 250 aniversario do pasamento do Padre Benito J. Feijoo, o capitán gardador achéganos á figura e á obra deste sabio ilustrado a través dos documentos do Arquivo Historico Provincial.   O vídeo está dispoñible no canal de Youtube do Arquivo Histórico Provincial de Ourense: https://www.youtube.com/watch?v=zLovYtRZqNk   As imáxes da presentación poden consultarse no Facebook do AHPOu: Páxina: https://www.facebook.com/pages/Arquivo-Hist%C3%B3rico-Provincial-de-Our…;   Perfil: https://www.facebook.com/arquivohistorico.provincialdeourense