09 Ago 2013
O pasado 15 de xullo o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) recibiu a un grupo de nenos con idades comprendidas entre 8 e 12 anos que participaban nun obradoiro didáctico de verán. Cun enfoque lúdico e a través de facsímiles de significativos documentos do AHPOu, os pequenos puideron achegarse ao noso patrimonio documental e coñecer distintos soportes, sistemas de escritura, e elementos de validación contextualizados historicamente.   O protocolo notarial de Benito Fariñas do ano 1774 subministrou unha personaxe, o "capitán guardador", que aportou unha pincelada de fantasía á tradicional formalidade dos documentos. Resultou ser unha actividade moi enriquecedora e gratificante polo interese e implicación que mostraron os rapaces/as durante a visita.   Pódense ver algunhas imaxes da visita no facebook de Sopanen@s, lecer educativo, responsable do obradoiro didáctico.   https://www.facebook.com/media/set/?set=a.512047182199648.1073741833.46…