31 Mai 2024
09 Xuñ 2024
O día 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos. Ao longo da semana previa o Arquivo Histórico Provincial de Ourense organiza as seguintes actividades:
4-5 de xuño: Visita dramatizada "O segredo dos franciscanos" e "Obradoiro sobre a evolución da escritura" co CEIP Curros Enríquez (grupo pechado)
7 de xuño: "Obradoiro de escritura medieval" coa Asociación de persoas xordas de Ourense (grupo pechado)
Ademais pódense visitar de xeito libre e gratuíto as nosas exposicións permanentes:
- San Francisco: arquitectura e historia
- Documentos históricos de Ourense