VISITA AO AHPOU DO MINISTRO DE CULTURA E OUTRAS AUTORIDADES
O pasado 9 de setembro visitou o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) o ministro de Cultura e Deporte, acompañado, entre outros, do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades de la Xunta de Galicia, o subdelegado do Goberno, o vicepresidente da Deputación, o director xeral de Cultura da Xunta, a subdirectora xeral de Arquivos de Museos da Xunta e o delegado da Xunta en Ourense.
No percorrido polas instalacións do Arquivo o director do centro guiounos polas exposicións "San Francisco: arquitectura e historia", relativa á historia do edificio e "Documentos históricos de Ourense", sobre os fondos deste centro, ambas financiadas polo Ministerio de Cultura e Deporte.