
VISITA AO AHPOU POLO 8M: "O BESTIARIO MEDIEVAL EN FEMININO"
A visita consistirá nun achegamento ás imaxes femininas representadas na escultura monumental. Comeza cunha introdución sobre o concepto que a sociedade da Idade Media posuía do xénero feminino, moi mediatizado pola moral cristiá.
A continuación realizarase unha visita comentada ao claustro de San Francisco para observar como esas xeneralidades se plasmaron neste espazo.
• Data : 8 marzo 2023
• Hora de inicio: 17:00 h (Agradecemos estean 5 m. antes do inicio da visita)
• Enderezo: Rúa Emilia Pardo Bazán s/n. Ourense
• Nº mínimo de prazas: 15 persoas
• Nº máximo de prazas: 25 persoas
• Actividade de balde.
• Inscrición en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeKSWUQluVFIDGu6Fo2UTtChcZyIo3…
• Información en tfno. 988 78 82 28 ou e-correo arq.prov.ourense@xunta.gal