03 Nov 2021

O pasado 21 de outubro parte dos asistentes ás xornadas "Os primeiros Borbóns: poder e dinámica política", organizadas pola Facultade de Historia da Universidade de Vigo, visitaron as instalacións do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. A visita formaba parte do programa das xornadas.