VISITA E OBRADOIRO DE ESCRITURA DO CEIP MESTRE VIDE

24 Nov 2021

VISITA E OBRADOIRO DE ESCRITURA DO CEIP MESTRE VIDE

O pasado 8 de novembro recibimos a visita do alumnado de 2º de primaria do CEIP Mestre Vide de Ourense.

Ademais de coñecer o claustro gótico do antigo convento franciscano visitaron a exposición permanente “Documentos históricos de Ourense” onde tomaron contacto directo con estes a través da manipulación e lectura de facsímiles.

Por último, participaron no Obradoiro de Escritura Medieval no gabinete didáctico do Arquivo.