07 Mar 2025
07 Xul 2025

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Arquivo do Reino de Galicia organiza unha exposición, física e virtual, para facer presentes as arquiveiras que desenvolveron parte da súa vida profesional nel, a través da exposición dunha pequena escolma de documentos que nos falan delas ou do seu traballo. 

Xa desde que o Arquivo do Reino de Galicia foi creado por Carlos III en 1775 para albergar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, considerouse a necesidade de contar con persoal propio para a súa boa organización e funcionamento; tardaría moito este en ser feminino.

A exposición física poderase contemplar a partir do vindeiro 10 de marzo no primeiro andar do Arquivo. Vexa aquí a exposición virtual.