03 Xan 2019
03 Xan 2019
Aínda que o galego non se ha xeneralizar nos documentos ata a segunda metade do século XIII, a fala loitaba por introducirse neles desde algún tempo antes, como se amosa aquí.
Sen dúbida, un período de incerteza para os escribas encargados de poñer por escrito os diferentes actos xurídicos que debían anotar. Quizais esas vacilacións expliquen que o calificativo “voa”, en galego, de “Noite boa” se anote coa letra uve neste documento, mentres que se faga de forma máis ortodoxa con “b” ao referirse en latín ao prezo da “bona vacca”.
Como sucede sempre, son máis os interrogantes que quedan prendidos no escrito que as respostas que dá. Pero eses interrogantes alimentan a imaxinación.
Noutro plano diferente, só a lectura e análise de moitos documentos semellantes aclarará as cuestións que os historiadores saiban facerlles para iluminarnos a nós.
Felices Festas e moi bo ano entre documentos a todos os amigos do Arquivo do Reino de Galicia!
Este documento ten a signatura 104 da Colección de documentos en pergamiño. Pode verse a súa descrición e a súa imaxe en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia: http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…