No ano 1953, o coronel Francisco Iglesias Brage, heroi da aviación, foi cesado do seu posto na Dirección Xeral de Aeroportos do Ministerio do Aire. Os seus compañeiros ofrécenlle un xantar de despedida en Madrid. Iglesias dírixelles un discurso en verso no que abertamente se queixa das manobras e ofensas que tivo que soportar no seu posto:
“ Ahora quiero descansar
“en un destino civil
“de la vida militar;
“y, si es posible, olvidar
“las ofensas y amarguras
“por que tuve que pasar
“en estos últimos tiempos,
“tiempos de crisis moral,
“en que se olvidan las reglas
“de caballerosidad,
“se pisotea el derecho
“y el honor de los demás
“y es preciso defenderse
“con Dios y con la verdad
“de las sucias maniobras
“de gentes sin Dios ni paz
“carcomidas por la envidia
“la soberbia y la maldad
“que atacan parapetadas
“en su propia impunidad.”
Desde a Dirección Xeral de Aeroportos e, antes, desde as Xefaturas da Zona Territorial de Industria n.º 7 e de Obras do Sector Aéreo de Galicia, Iglesias promoveu e impulsou a construción dunha rede de aeroportos e aeródromos. Así, Lavacolla, Peinador e Rozas erixíronse baixo a súa dirección.
Interviu tamén nos estudos para a realización dos aeroportos da Toxa e da Coruña. E parece que este último foi a causa do seu cese, segundo se nos conta no
catálogo da exposición
que se lle dedicou no Arquivo no ano 1992.
El opoñíase á idea de emprazalo en Alvedro, que defendía o alcalde Alfonso Molina, ao consideralo perigoso polas súas condicións climáticas e a proximidade de puntos elevados; e moi custoso, pois a orografía dificultaba a construción dunha pista longa dabondo para os avións a reacción. El propuxera como alternativas a zona da Laracha ou a praia de Baldaio.
Estes folios teñen a signatura 48549-2. O plano da pista de aterraxe de Alvedro pertence ao proxecto que se atopa na unidade 48450.
28 Abr 2021
28 Xul 2021