Tarifas
O alto prezo da enerxía eléctrica constituía tamén un problema social (outro máis) en 1936. Segundo unha circular telegráfica transmitida polo Ministerio da Gobernación ao gobernador civil da Coruña o 23 ou o 24 de maio dese ano, “... por algunos Alcaldes se conmina a los concesionarios de suministro eléctrico para que rebajen las tarifas establecidas ordenándoles además que sólo cobren lo que ellos señalan. Estando estas tarifas aprobadas y regularizadas por el vigente reglamento de verificaciones eléctricas de 5 de diciembre de 1933, no pueden ser modificadas arbitrariamente en perjuicio de la economía nacional y de los concesionarios...”
En consecuencia, ordenábase que se comunicase aos alcaldes da provincia que se abtivesen de modificar as tarifas. O gobernador dispuxo a publicación da circular no Boletín Oficial da provincia e informou a Madrid do cumprimento do mandato, pero sinalou tamén que non tiña constancia de que na súa provincia se dese esa situación de abuso.
Este documento ten a signatura 32456-27 do fondo do Goberno Civil da provincia da Coruña.