Tiobre
O gravado que reproducimos amosa unha vista da igrexa de San Martiño de Tiobre, en Betanzos. Procede do número 3 da revista " La Ilustración Cantábrica", do 28 de xaneiro de 1882.
Non contamos entre as coleccións de fotografías ou de postais con ningunha imaxe desta igrexa, pero o gravado é unha mostra máis dese proceso de "densificación iconográfica" do que falan os estudosos do patrimonio cultural. Un proceso ligado, en parte, á proliferación desta clase de revistas durante o século XIX e que ten moito que ver coa formación dunha conciencia patrimonial.
En todo caso, buscamos en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia outros testemuños documentais sobre Tiobre e atopamos os dous documentos que acompañamos, escritos en galego e sobre pergamiño, da primeira metade do século XV. Ningún dos dous menciona a igrexa de Tiobre, pero refírense a bens situados na súa fregresía.
En fin, en Galiciana atopamos outras moitas referencias, tanto no noso arquivo coma noutros. Así, por exemplo, a ficha descritiva da igrexa que consta no Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmobiliario, custodiado no Arquivo de Galicia, en Santiago: http://arquivo.galiciana.gal/.../gl/consulta/registro.do...
O gravado ten a signatura 3219 da Colección cartográfica e iconográfica. Os dous documentos en pergamiño, 558 (http://arquivo.galiciana.gal/.../gl/consulta/registro.do...) e 572 (http://arquivo.galiciana.gal/.../gl/consulta/registro.do...).