Volframio

15 Xul 2022
15 Out 2022

Volframio

Carballo, 11 de decembro de 1942. É noite. No cruce próximo á ponte da parroquia de Entrecruces, dous homes esperan.

 

Moito se ten escrito sobre a febre do volframio en Galicia na década dos anos de 1940. Os arquivos alimentan eses escritos e fan voa a nosa imaxinación... Os homes tiñan unha cita. Esperaban a chegada dun veciño do concello que lles prometera comprar un cargamento de 760 quilogramos dese mineral ao prezo de 80 pesetas/quilo. Mais parece que o veciño non tiña moita intención de comprar... Con outras persoas, entran nunha casa para pesaren o mineral e nese momento aparecen dous supostos carabineiros e os vendedores fuxen...

 

Estrañamente, ou quizais non tanto, o fiscal solicitou, primeiro, en outubro de 1944, a devolución da causa – da que se inhibira antes a xurisdición militar - ao xulgado de Carballo para completar a instrución, e logo, en xaneiro de 1945, o sobresemento. Porén, a acusación particular pediu o procesamento dos acusados baseándose nos testemuños recollidos no sumario militar:

 

“De lo actuado... procede dirigir el procedimiento contra el inculpado... por existir... indicios de culpabilidad en la comisión de un delito de estafa, según se acredita por las diligencias practicadas, especialmente por la intervención que en la sumaria militar – unida al presente proceso- se atribuye a dicho Mato como inspirador y ejecutor del supuesto atraco que se proyectó para apoderarse del mineral y por tal medio engañoso eludir el pago de su precio. Así resulta de las declaraciones de los testigos... que atribuye[n] al Julio haber verificado señales para la intervención de los dos desconocidos que se presentaron [a] atemorizar a los presentes...

 

“y el propio Julio Mato... reconoce que huídos todos los presentes ante la intimidación de los dos sujetos vestidos de militar, él les acompañó a La Coruña dando las necesarias facilidades para depositar el mineral sustraído en la Embajada alemana, continuando juntos hasta la plaza de Santa Catalina, confesando que no hizo pago a sus dueños del mineral de referencia.”

 

Mais, recibidos novamente os autos, a acusación particular achántase ao ditame do fiscal e finalmente a Audiencia, en xuño de 1947, dita un auto no que sinala que “ de lo actuado no aparece debidamente justificada la comisión de delito” na venda “de mineral Wolfran de procedencia ilegítima, no satisfaciendo el importe los compradores.”

 

Esta causa ten a signatura 52060-80 do fondo da Audiencia Provincial da Coruña.