Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Sobre o Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Custodia cerca de 11 km de documentos. O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación da mesma. 

Ten a súa sede na chamada Casa dos Fonseca, no Paseo de Colón. 

Horario

Inverno

Luns a venres: 8:30 h a 20:30 h.

Verán (16 de xuño a 15 de setembro)
Luns a venres: 8:30 h a 19:30 h.

Pechado ao público:

Mércores de cinza (variable, festivo local)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
11 de xullo (San Bieito, festivo local)
25 de xullo (Día da Comunidade Autónoma)
24 de decembro
31 de decembro

 

Contacto
+34 886 151 536 / +34 886 151 537
+34 886 151 539
Paseo de Colón, 4 36002 Pontevedra

Actualidade

Novas do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra