DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS

DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
04 Xuñ 2015

DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
 
Do 9 ao 12 de xuño. Xornadas de Portas Abertas.
 
Visitas guiadas ás instalacións do arquivo.
Horario: 12, 00 h. – 17,00 h. (de martes a xoves)
Horario: 12, 00 h. (venres)
Máximo 20 persoas por visita.
 
Estas visitas inclúen o acceso á seguinte exposición na Sala dos Masóns: A documentación sobre a Industria da pesca, salgado e conserveira custodiada no AHPPo. Exposición de documentos sobre o tema da pesca, industria e derivados.
 
Venres, 12 de xuño de 2015, 19:00 h
 
CONFERENCIA
A industria conserveira galega: historia dun éxito industrial.
 
Impartida por D. Xoan Carmona Badía, Doutor en Economía no 1983 na USC, con Premio Extraordinario. É  Director da Cátedra de Institucións Económicas na Facultade de Económicas, da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en temas económicos e industriais de Galicia relacionados coa historia marítima e o patrimonio industrial galego, do que dan mostra as súas numerosas publicacións relacionadas co atraso e empeño industrial de Galicia, empresarios galegos, as familias das conservas...
 
Haberá unha mostra de documentos sobre este tema.
 
VELADA MUSICAL
Para rematar, contaremos coa participación de D. Luis Enrique Caballero Varona, Ldo. en Música coa especialidade de Violonchelo na súa terra natal, Cuba.  Tras percorrer varios países en diversos continentes como instrumentalista e profesor de violonchelo, actualmente é un docente no ensino deste instrumento musical en diversos conservatorios e Escolas de Música de Vigo, Ponteareas , Tui... Ademais, forma parte do Quinteto de Cordas Cimarrón, especializado en música cubana e latinoamericana, publicando dos álbums chamados 20 cuerdas e Aires Tropicales onde,  interpretando temas clásicos, realiza unha labor de difusión da música popular cubana.
 
Interpretará: Suites para violonchelo so de Johann Sebastian Bach:
-       Suite nº 1 en sol maior: Preludio, Sarabande e Giga.
-       Suite nº 2 en  re menor: Preludio, Sarabande e Giga.