
Exposición "A imaxinación no interior dun estudio: o fondo Mary Quintero no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra"
Este xoves, 26 de outubro, ás 19:00 h, inauguramos esta exposición no Museo do Mar de Galicia en Vigo, coa que queremos mostrar algúns dos materiais máis destacados do fondo da fotógrafa viguesa, de grande interese para coñecer a sociedade galega contemporánea, en xeral, e a viguesa en particular.