
Día Internacional dos Arquivos
Programa de actividades no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra o 9 de xuño
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS: 12:00 h. Visita guiada e mostra de documentos sobre "A arquitectura da auga: balnearios e casas de baños".
- CONFERENCIA E VELADA MUSICAL: 19:00 h. Asistencia presencial e emisión en directo en Youtube “Tomar as augas” na provincia de Pontevedra: un percorrido histórico polos seus balnearios"
- Conferencia impartida por Elvira Lindoso Tato, profesora titular de Historia e Institucións Económicas da Universidade da Coruña.
- Música tradicional galega, interpretada por Marcelo Dobode, acompañado á guitarra por Víctor Movilla.