24 Out 2013
Despois, os visitantes viron unha mostra de documentos dos séculos XVI ao XX dos fondos máis representativos que se custodian no arquivo. Entre eles, o protocolo de 1541 do escribán Alfonso García do Sisto, o interrogatorio da xurisdición de Pontevedra, o expediente de excepción de vendas de montes de Xeve, ortofoto do catastro de rústica do concello do Grove ... Remataron a súa estanza cun percorrido polas distintas salas de traballo e depósitos.