08 Xan 2013
O encontro, polo tanto, debeuse á necesidade de datar o legado documental da familia García de la Riega que permitiría achegar novas pistas sobre a orixe de Colón. O exame da documentación amosou un sol, un unicornio, un can, unha campá, unhas mans ... A filigrana do unicornio é propia do 1430, o que sitúa, nun principio, o papel nese ano. Aínda así, Basanta Campos, cre necesario completar o exame co estudo das tintas con luz ultravioleta e infrarroxa. O estudo das marcas de auga coordinado, no seu día, por José Luis Basanta abarca desde o século XIV ata o XIX e céntrase no papel custodiado no Arquivo do Reino de Galicia, nos arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra, o Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, os arquivos catedralicios de Santiago, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, ademais dos históricos diocesanos de Santiago e Ourense. Tamén foi obxecto de estudo o soporte da escrita do Museo Provincial de Pontevedra. A obra está composta por 8 tomos publicados pola Fundación Pedro Barrié de la Maza desde 1996 ata o 2002 e é unha referencia esencial na materia.