09 Xan 2014
Nese tempo, Paloma achegouse ás funcións, á documentación e ó funcionamento do arquivo a través do coñecemento dos fondos máis representativos que custodia o centro, comezando a familiarizarse coa teoría e a terminoloxía arquivísticas. O cadro de clasificación, a descrición e a instalación da documentación de forma axeitada completou a súa formación co fin de proporcionarlle a visión global que necesita como punto de partida para afondar no complexo mundo dos arquivos.