Un ano máis, estudantes da Universidade de Santiago de Compostela elixen o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra para facer prácticas de arquivística

Un ano máis, estudantes da Universidade de Santiago de Compostela elixen o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra para facer prácticas de arquivística
06 Mar 2013

Un ano máis, estudantes da Universidade de Santiago de Compostela elixen o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra para facer prácticas de arquivística

Ademais de familiarizarse coa teoría e a terminoloxía arquivística, as universitarias puideron achegarse ás funcións, ós fondos e ó funcionamento do arquivo. Non obstante, as súas prácticas centráronse en coñecer máis polo miúdo unha selección dos fondos que se consideran representativos de distintas institucións e/ou de consulta frecuente e resolver as solicitudes de información formuladas polos cidadáns.
Igualmente, fixeron prácticas de descrición que lles permitiu coñecer as bases de datos existentes, os índices e os inventarios así como a ferramenta de xestión documental Albalá. Accederon, polo tanto, aos fondos a través do cadro de clasificación e seguiron a descrición multinivel segundo a norma internacional ISAD. A instalación da documentación custodiada no arquivo proporcionoulles o coñecemento da forma máis axeitada de conservala e preservala nos depósitos.