Autorización de reprodución de documentos dos arquivos para a súa publicación e/ou difusión
- Obxecto: autorizar a reprodución de documentos dos arquivos de xestión autonómica para a súa publicación e / ou difusión.
- Requisitos: presentar a solicitude de autorización. Cando a reprodución de documentos poda xerar beneficios económicos ao interesado, esixirase, ademais, a firma dun convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade no que se fixarán as condicións xerais de reprodución.
- Órgano responsable: Secretaría Xeral de Cultura
- Prazo: o prazo de presentación está aberto todo o ano.
Documentación a presentar
- Solicitude normalizada segundo o Anexo I dirixida á Secretaría Xeral de Cultura
- Xustificante do pago de taxas