Propostas de eliminación de documentos dos Arquivos de Galicia
As propostas de documentos orixinais a eliminar contarán con táboas da avaliación aprobadas pola consellería con competencias en materia de arquivos e patrimonio documental e publicadas no Diario Oficial de Galicia. Na solicitude farase referencia ao código da táboa correspondente.
- Obxecto: presentación de propostas de eliminación de documentos diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia de conformidade co decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.
- Requisitos: A persoa titular ou responsable dos documentos presentará a correspondente solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Órgano responsable: Dirección Xeral de Cultura. Subdirección xeral de Arquivos e Museos
- Prazo: o prazo de presentación está aberto todo o ano.
Documentación a presentar:
- Solicitude de eliminación de documentos (Anexo II)
- Informe da arquiveira ou arquiveiro (Anexo III)
- Relación de documentos que se van a eliminar (Anexo IV)