Propostas de avaliación documental

Propostas de avaliación documental

Servizo de propostas de avaliación documental dos Arquivos de Galicia

A avaliación documental é a fase do tratamento documental que consiste en determinar os valores administrativo, legal-xurídico, informativo e histórico presentes en cada unha das series documentais identificadas para os efectos da súa selección para a conservación ou eliminación. A avaliación determinará a vixencia temporal deses valores, os prazos de transferencia, o réxime e os prazos de acceso e a selección de documentos.

  • Obxecto: presentación de propostas de avaliación documental diante do Consello de Avaliación Documental de Galicia de conformidade co decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regulan a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.
  • Requisitos: ​​​​​​Poderán presentar propostas de avaliación as persoas titulares dos documentos e as persoas responsables dos arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia. A solicitude presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Órgano responsable: Secretaría Xeral de Cultura. Subdirección xeral de Arquivos e Museos
  • Prazo: o prazo de presentación está aberto todo o ano.

 

Documentación a presentar

  • Solicitude normalizada segundo o Anexo I
  • Análise da serie documental sometida a ditame, cos estudos de identificación, avaliación e selección baseados no formulario normalizado publicado no Diario Oficial de Galicia  núm. 90 do 11 de maio de 2017

 

Formulario