Información e consulta
O acceso aos arquivos da Xunta de Galicia é libre e gratuíto. Unicamente poderá ser restrinxido de acordo co establecido na lexislación vixente ou, nos casos da consulta directa de orixinais, cando supoña riscos para a súa conservación.
As solicitudes de información poderán facerse directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet.
Para a consulta na sala de lectura será necesaria, a efectos de identificación, a presentación dun documento oficial (DNI ou pasaporte) e a subxección ás normas de consulta dispoñibles na sala.
Sempre que as disposicións legais e o estado de conservación dos documentos o permitan poderán solicitarse reproducións (copias simples ou copias compulsadas/certificadas). Os prezos das reproducións deberán aterse ao regulado na normativa vixente sobre taxas e prezos públicos.