Autorización de saída de documentos de arquivos galegos
- Obxecto: autorizar a saída temporal de documentos de arquivos galegos con motivo dunha exposición ou para a súa restauración.
- Requisitos: O representante do arquivo presentará unha solicitude a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Órgano responsable: Dirección Xeral de Cultura.
- Prazo: o prazo de presentación está aberto todo o ano.
Documentación a presentar
- Solicitude normalizada segundo o Anexo I dirixida á Dirección Xeral de Cultura
- Anexo II, relación de documentos solicitados
- Anexo III, no caso de exposición: características da sala de exposición, entidades aseguradoras e transporte
- No seu caso, proxecto de restauración dos documentos