O contido desta guía procede dos relatorios realizados no marco das Xornadas sobre acceso documental que se desenvolveron en Santiago de Compostela en maio de 2025, organizadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Táboas de avaliación documental

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten dende o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/consello-evaluacion-documental/documentos

Formación

Cursos de formación a través da EGAP

Curso Técnicas elementais de arquivos

Convocatoria 2026

Este curso do programa de autoformación da EGAP está destinado a aqueles/as empregados/as públicos/as que desenvolven tarefas vinculadas á elaboración, ao tratamento e ao arquivo de documentos; desde quen se encarga da súa redacción, pasando por quen os traslada dun organismo a outro, ata chegar a quen os arquiva definitivamente. 

Curso [AF26058]

Prácticas nos arquivos

Prácticas académicas externas de alumnos das universidades galegas

A Consellería de Cultura  regula convenios de colaboración coas universidades de Galicia con programas de formación que teñen como obxectivo principal impulsar a formación do futuro  persoal técnico en materia de arquivos.   

Convenios

O alumnado das Universidades Galegas poderá realizar as prácticas externas curriculares ou extracurriculares nos arquivos xestionados pola Secretaría Xeral de Cultura.

Arquivos

  • Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo
  • Arquivo Histórico Provincial de Ourense
  • Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
  • Arquivo de Galicia en Santiago de Compostela
  • Arquivo Xeral Territorial de Pontevedra
  • Arquivo Xeral Territorial de Vigo
  • Arquivo Xeral Territorial de Lugo